Na atmosfera prodúcense cambios constantes que podemos notar: o vento empurra as cousas, as nubes fórmanse e desprázanse, de cando en vez chove...
Os fenómenos atmosféricos, tamén chamados meteoros, son cambios ou sucesos naturais que suceden na atmosfera.
A meteoroloxía é a ciencia que estuda a atmosfera para predicir os fenómenos atmosféricos.
O TEMPO ATMOSFÉRICO
O tempo atmosférico é o estado da atmosfera dun lugar nun momento determinado.
O clima é o estado atmosférico dun lugar ao longo das estacións e durante anos ou décadas.
Para coñecer o clima dun lugar, débense estudar os seguintes elementos, empregando unha serie de instrumentos meteorolóxicos que axudan a calculalos.
A TEMPERATURA: TERMÓMETRO
A PRESIÓN ATMOSFÉRICA: BARÓMETRO
A HUMIDADE: HIGRÓMETRO.
O VENTO: ANEMÓMETRO
AS PRECIPITACIÓNS: PLUVIÓMETRO
Ningún comentario:
Publicar un comentario